Ola amigos:
Como ven sendo habitual, para que se lle conceda axuda económica ás Entidades Locais para o exercicio económico actual (2009) é preciso xustificar adecuadamente os gastos do exercicio do 2008. Fiscalización que é normal para, no caso de houber algunha irregularidade ou inadecuada a xustificación dos gastos ou da realización dos programas, corrixila. O que xa non é eficaz nin eficiente é que se teña que estar renovando tódolos anos a "concesión" dunha axuda económica para o funcionamento dos Servizos Sociais municipais, polas incertezas . que xera á hora de planificar programas e actuacións dos servizos sociais. E que dicir da execución destes, que dada a escaseza de recursos económicos nos que se moven os concellos, impiden afrontar orzamentariaménte a dotación de créditos de gastos para este servizo, se non é coa previsión dos ingresos procedentes das axudas da Administración Estatal e Autonómica para equilibrar gastos e ingresos. Tal e como está preceptuado legalmente na Lei reguladora das facendas locais [art.º 168.1,e) do RDLEX 2/2004 do 5 de marzo]. Pero este mesmo corpo legal (art.º 173.5 e 6,a) establece que non poderán adquirirse compromisos de gastos por contía superior ó importe dos créditos autorizados nos estados de gastos e a dispoñibilidade destes créditos queda condicionada á existencia de documentos fidedignos que acrediten compromisos firmes de achega, en caso de axudas, subvencións, doazóns.... tidos en conta nas previsións iniciais do presuposto para efecto de nivelación. E claro, se convocan as axudas para o ano 2009 no mes de abril de 2009, e a resolución concedendo estas no mes de xuño ou xullo (cando non en outubro) como se pode executar uns programas sociais se non existen "documentos fidedignos acreditativos do compromiso asine de achega?.
E este problema que ano tras ano o provoca unha normativa autonómica, non é corrixido. ¿Cal pode ser o motivo de manter esta situación? ¿Quizais o manter ás Administracións Locais sometidas .... ?
Etiquetas: novas, Xunta-Concellos