jueves 22 de enero de 2009

Lei 18/2008, do 29 de decembro, de Vivenda de Galicia

Ola amigos:

No Diario Oficial de Galicia do día 20 de xaneiro de 2009, publícase a Lei 18/2008, do 29 de decembro, de Vivenda de Galicia. Podedes acceder ao texto activando o enlace.

Componse dun título Preliminar, que enuncia os principios reitores das políticas públicas de vivende vivenda, que deben guiar as actuacións dos poderes públicos:
- A efectividade do dereito constitucional á vivenda e a mellora da calidade de vida, adoptando as medidas de discriminación positiva que resulten necesarias para favorecer a igualdade social e eliminar os obstáculos que impidan a súa plenitude
- a consecución dun parque de vivendas suficiente, cunha oferta significativa de vivendas protexidas derivadas de accións de nova construción e de recuperación das edificacións existentes;
- O fomento do aluguer como modo de acceso á vivenda; e a posta en valor do ambiente, da paisaxe e da cultura nas accións construtivas, que deberán estar rexidas por criterios de sustentabilidade e calidade, tendo en conta que o noso territorio forma parte da nosa identidade como pobo.

O título I do texto proposto regula o estatuto galego da vivenda, que pretende sistematizar e elevar a rango de lei o disperso réxime xurídico da construción e utilización das vivendas. Comprende dous capítulos diferenciados: o primeiro, relativo ao proceso edificatorio, e o segundo, á utilización da vivenda xa rematada e habitada.

O título II dedícase á vivenda protexida, regulando por vez primeira con rango de lei o réxime xurídico destas vivendas e con importantes novidades:
- Unifícase o réxime xurídico das vivendas protexidas
- Regúlanse os tipos de promoción de vivendas protexidas: promoción pública, promoción privada e autopromoción.
- Establécese o procedemento de cualificación e o correlativo de descualificación
- Regúlase o acceso ás vivendas protexidas baixo os principios de transparencia, igualdade de oportunidades e xustiza social. Para isto, xeneralízase o sistema de sorteo público entre os demandantes que accedesen ao Rexistro Único de Demandantes de Vivenda, pero ao tempo recóllense supostos de adxudicación directa e a posibilidade de facer reservas en favor de colectivos e situacións especiais ou extraordinarias para acoller os programas específicos que considere de interese xeral a Administración.
- Regúlase a utilización das vivendas protexidas, baixo o dobre propósito de conservar en bo estado o parque de vivendas e garantir a súa pertenza á tipoloxía de vivenda protexida nas sucesivas transmisións, mentres dure o réxime de protección.

O título III está dedicado ás políticas de fomento do dereito á vivenda, dirixidas á creación dun parque de vivendas estable, suficiente e de calidade, a través da promoción pública e privada de vivendas protexidas, á recuperación dos parques de vivendas existentes, mediante accións de renovación e rehabilitación como fórmula de desenvolvemento sustentable e de recuperación da nosa identidade, á dinamización do mercado de vivenda en aluguer, coa conseguinte ocupación das vivendas baleiras, e á mellora da calidade das vivendas, con medidas de fomento da innovación, a sustentabilidade, a eficiencia enerxética e a habitabilidade.

O título IV do texto proposto persegue a protección dos adquirentes e usuarios das vivendas. Regúlanse a publicidade e a información na oferta de venda e aluguer e mais as condicións de venda de vivendas en proxecto ou construción e das rematadas, e do arrendamento das vivendas.

O título V do texto recolle o réxime da inspección en materia de vivenda e a regulación das sancións e infraccións.

Etiquetas: ,