As liñas fundamentais do Decreto e os obxectivos que con el preténdense conseguir serían os seguintes:
a) Determinar os criterios a seguir pola Comunidade Autónoma á hora de establecer a clasificación dos novos postos reservados ou reclasificación dos existentes e, polo tanto, a creación e supresión conforme ao correspondente acordo plenario municipal, sen prexuízo do que se poderá establecer mediante normativa básica estatal.
b) Establecer con detalle as circunstancias e procedemento en que pode ter lugar a figura da agrupación para o sostenimiento destes postos así como a declaración da exención de reserva, e o suposto de desempeño excepcional da tesorería.
c) No tocante á provisión dos postos: convocatoria e desenvolvemento do concurso ordinario, introdución de criterios de objetividad de face á determinación polos concellos dos méritos específicos, redefinición e avaliación dos méritos autonómicos, exercicio das funcións que corresponden en relación ao concurso unitario, así como nos supostos de provisión por libre designación e procedemento a seguir.
d) Regúlanse, pormenorizadamente, as formas de provisión non definitiva, establecéndose as prevalencias entre elas e aclarando aspectos confusos que veñen dándose na práctica.
e) Prevense as directrices relativas á selección destes funcionarios e promoción dos mesmos, contando no seu ejecución coa Escola Galega de Administración Pública.
f) Créase oficialmente o Rexistro autonómico de postos reservados a funcionarios de habilitación de carácter estatal onde, así mesmo, constan os datos do persoal funcionario que veñen desempeñando aqueles, de conformidad co artigo 99.4º da Lei 7/1985 e o Estatuto Básico do Empregado Público.
g) Remisión do réxime disciplinario deste persoal en tanto exerza funcións nas entidades galegas, e no marco da competencia autonómica, ao disposto por norma con rango de lei.
Para rematar, establécese unha serie de disposicións adicionais de face a conseguir a integración dos habilitados estatais do subgrupo A2 no subgrupo A1, recoñecendo o papel das asociacións representativas destes funcionarios, establecendo uns mínimos nos complementos retributivos, e determinando unha nova valoración do baremo do concurso unitario acorde coa nova relación e distribución daqueles. Regúlase a permuta e prevense varias disposicións transitorias que permitan a adaptación da situación actual ás modificacións que se deriven da aplicación deste Decreto.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Página principal