NOVA REGULACION DO PROCEDEMENTO PARA APERTURA DE ACTIVIDADES MOLESTAS, NOCIVAS, INSALUBRES OU PERIGOSAS
O Decreto estructurase en cinco capítulos con 17 artígos e unha parte final integrada por tres disposicions adicionais, unha transitoria, unha derogatoria, tres finais e tres anexos:
- ANEXO I. Actividades suxeitas ó procedemento de evaluación de incidencia ambiental.
- ANEXO II. Criterios para determina-lo sometemeiento ou non ó procedemento de
evaluación de incidencia ambiental das actividades sinaladas no art.o 2, apartado 2.
- ANEXO III. Actividades excluidas do procedemento de evaluación de incidencia
ambiental.
INSTANCIA DO INTERESADO
D. :____ , con D.N.I. _______, veciño de __ , con domicilio a fectos de notificacións en: __________. Teléfono: ____ actuando en nome propio, ante esa Alcaldía comparece e
E X P Ó N
Que proxecta desenvolver unha actividade dedicada a___________, a instalar no lugar de: ____, en terreno coa seguinte referencia catastral: ______ , para o que preciso de realiza-las obras que figuran no proxecto que se achega; polo que consonte dispoñen os artigos 4, 6 e 7 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño de 2008, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, achega á presente a seguinte documentación por triplicado:
1.- Proxecto técnico
2.- Memoria descriptiva
3. Xustificación do cumprimento da lexislación ambiental e sectorial aplicable á actividade, da normativa de seguridade, da relativa ás medidas de autoprotección e saúde e, no seu caso, das ordenanzas municipais que resulten de aplicación.
4.- Declaración dos datos que a xuizo do solicitante gozan de confidencialidade amparada na normativa vixente
Polo exposto SOLICITO:
Que tendo por presentada este instancia e documentos que se achegan, e previo-los tramites que foran precisos, teña a ben concederme a oportuna licencia municipal para ó exercicio legal da citada actividade (e de obra si procedese).
___, a _____ de ________ de
DILIXENCIA DO FUNCIONARIO DE REXISTRO.
Para facer constar que foi entregada no rexistro de entrada do Concello, co número de Entrada ________ , a seguinte documentación que se reseña na instancia:
1.- Proxecto técnico
2.- Memoria descriptiva
3. Xustificación do cumprimento da lexislación ambiental e sectorial aplicable á actividade, da normativa de seguridade, da relativa ás medidas de autoprotección e saúde e, no seu caso, das ordenanzas municipais que resulten de aplicación.
4.- Declaración dos datos que a xuizo do solicitante gozan de confidencialidade amparada na normativa vixente.
____ a *** de ******* de 20
A FUNCIONARIA
PROVIDENCIA DE ADMISIÓN A TRÁMITE
Recibida a precedente instancia suscrita por D.______________ , en solicitude de licenza para á apertura e funcionamento de: ________________________
a emprazar en: ____________________ deste término municipal, asÍ como a documentación que acompaña á mesma e, consonte ó establecido no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño de 2008, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental e demais disposicións concordantes, RESOLVO:
Admitila a trámite e incoa-lo expedente regulado na normativa citada.
Procédase polos servicios técnicos municipais a evacuación de informe sobre compatibilidad da actividade cos instrumentos de planificación urbanística e as ordenanzas municipais, incorporado dito informe ó expediente, sometase á información pública e veciñal por un prazo de vinte dias.
Concluido dito prazo e a vista das alegacións presentadas no seu caso, emítase polos servicios técnicos municipais un informe razonado sobre a incidencia ambiental da actividade no ámbito local e sobre o resultado da información pública practicada
Unha vez aportados, elévese o actuado ó Servicio de Calidade Ambiental da Delegación provincial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente para informe de avaliación de incidencia ambiental da actividade
Dado en ____ o de de 2.00*, polo Sr. Alcalde-Presidente D. ____, ante min, Secretario D. ____, que dou fe.
O ALCALDE O SECRETARIO
COMUNICACIÓN INCOACIÓN DE PROCEDEMENTO Ó INTERESADO
CLAVE IDENTIFICATIVA:
Sr. D.
Por medio do presente escrito comunícolle que en data, tivo entrada no Rexistro Xeral de documentos deste Concello, co nº.: , instancia solicitando licenza para o exercicio da actividade de:
1.- A partir desta data o Concello ten a obriga de notifica-la resolución expresa no prazo máximo de SEIS meses (artigo 42 da Lei 30/1992, pola que se aproba o Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común).
2.- Este prazo de seis meses para resolve-lo procedemento e notifica-la resolución, poderáse suspender nos supostos contemplados no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo común, que establece entre outros supostos: “ Cando deban solicitarse informes preceptivos e determinantes do contido da resolución a órgano da mesma ou distinta Administración “, suposto que se da neste procedemento, no que é preceptivo previa a resolución o dictame de incidencia ambiental , que deberá ser emitido pola Consellería de Medio Ambiente nun prazo máximo de tres meses, contados a partir da data de entrada do expediente no rexistro da Consellería de Medio Ambiente ( artigo 11.4 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño).
3.- O concello ten a obriga (art. 42.5,c) de comunicarlle como interesado tanto a petición á Consellería de Medio Ambiente do devandito dictame de incidencia ambiental como, unha vez recibido neste concello, a recepción do mesmo.
4.- Transcorrido o prazo máximo, poderá considerar outorgada a licenza por silencio administrativo, agás no caso de que o expediente quede paralizado por causa imputable ó propio interesado. Neste caso, transcorridos tres meses sen que o particular realice as actividades necesarias para continua-la tramitación, a Administración acordará o arquivamento das actuacións.
Non obstante, en ningún caso se entenderán adquiridas por silencio administrativo positivo, licenzas en contra da lexislación ou planeamento urbanístico.
En calquer momento poderá vostede consulta-lo estado de tramitación do procedemento, ben nas oficinas municipais ou ben chamando o número de teléfono do Concello (____), provisto da clave identificativa que figura no recadro superior esquerdo do presente escrito.
En ____, a
O SECRETARIO,
INFORME DO TÉCNICO MUNICIPAL SOBRE A COMPATIBILIDADE
D. **, como Arquitécto ó Servicio do Ilmo. Concello de ____ (____), consonte ó disposto 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño de 2008, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental e en atención ó interesado polo Alcalde no seu escrito de data dd/mm/aa , previo examen da documentación obrante no expediente, relativo á licenza solicitada por D. para a apertura e funcionamento de: , emite o seguinte
INFORME
1º.- O edificio ou construcción no que se pretende instala-la actividade está ubicado en terreos clasificados polas normas subsidiarias de planeamento municipal como ************* ,suxeito a Ordenanza ********* , cumpre (ou non) coas condicións de posición cun retranqueo de ********** a arista exterior da estrada. A superficie da parcela é de ******m2 e na normativa contémplase *****m2 como mínimo.
A altura da edificación é de ***m e na normativa son *** m.
A ocupación da parcela é de : ______ e a máxima permitida é de: _______
A captación de auga será a través de ********.
Os verquidos serán a ( fosa séptica contemplada no proxecto) advertindo a prohibición dos verquidos. Ten (ou non) rede de subministro eléctrico. O emprazamento atópase a ****m da poboación de****.
Etc. Etc. Etc.
2º.- O uso previsto está de acordo co destino do predio, consonte a clasificación urbanística fixada nas Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal, por canto ---
Polo anteriormente exposto é compatible (ou non ) a actividade cos instrumentos de planificación urbanística e as ordenanzas municipais.
Non incumprindose o ordenamento urbanístico, procede, tramita-la licenza consonte o precitado Decreto 133/2008 do 12 de xuño, e demais disposicións complementarias, debendo informar o Servicio de Calidade e Avaliación Ambiental da Delegacion provincial da Consellería de Medio Ambiente .
E para que conste, ós efectos oportunos, asino a presente en ____ a ******* de ********** de dous mil ******.
A/O TÉCNICO/A MUNICIPAL,
NO CASO DE NON CUMPRIR REQUISITOS PARA APERTURA OU FUNCIONAMENTO DA ACTIVIDADE
RESOLUCIÓN DENEGANDO INICIALMENTE A LICENZA
Ayuntamiento de……………………………………………………………..
Vista a solicitude de licenza para a instalación de “_______” na Rúa ........................... desta localidade, formulada por D.............................................., en representación de........................................... e documentación acompañada, e
RESULTANDO: Que (deberá expresarse o motivo ou motivos sinlados no artígo 8,2 do Decreto 133/2008 polo que se regula a AIA: incompatibilidade da actividade cos instrumentos de planificación urbanística e as ordenanzas municipais)
CONSIDERANDO: Que ...................., a teor do establecido no artígo anteriormente citado, a Alcaldía poderá denega-la licenza cando concurra algun dos motivos no mesmo expresados,
Visto o precepto citado e demáis de pertinente aplicación,
Esta Alcaldía ACORDA denega-la licenza solicitada, polos motivos expostos.
Notifíquese en forma ó interesado a presente resolución
Dese traslado desta resolución á Delegación provincial de ____ da Consellería de medio Ambiente (art. 8.2 D 133/2008)
En....................., a.............de...........................de.........
NOTIFICACIÓN A COLINDANTES
Sr. D.
En cumprimento do disposto no apartado 3º do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a Avaliación de Incidencia Ambiental (D.O.G do 1 de xullo de 2008, nº 126, pax 12870), particípolle como colindante que D. ********************
solicitou da Alcaldía, licenza de apertura e funcionamento de: ***************** a instalar en: **************************** desta localidade.
O Expediente, queda á súa disposición nas oficinas municipais a fin de que poida examinalo e, no seu caso, presenta-las observacións que teña por convinte, durante o prazo de VINTE DIAS, contados a partir do seguinte á última inserción do Edicto de exposición pública que se publique no Boletín Oficial da Provincia de ____ e no Diario Oficial de Galicia.
____ a de de 2.00*
O SECRETARIO
EDICTO PARA B.O.P. E D.O.G.
En cumprimento do disposto no apartado 3º do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a Avaliación de Incidencia Ambiental, sométese á información pública o expedente nº **/***-2.6.2. que se tramita a instancia de D. para a concesión de licenza de apertura e funcionamento de , a instalar en:
deste término municipal.
Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste Edicto no Boletín Oficial da Provincia de ____ e Diario Oficial de Galicia, o expediente atópase a disposición do público nas oficinas municipais a fin de que quen se consideren afectados pola actividade poidan examinalo e deducir, no seu caso, as alegacións ou observacións que teñan por convinte.
En ____ a de de 2.00*
O ALCALDE-PRESIDENTE,
EDICTO PARA O TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO
En cumprimento do disposto no apartado 3º do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a Avaliación de Incidencia Ambiental, sométese á información pública o expedente nº **/***-2.6.2. que se tramita a instancia de D. para a concesión de licenza de apertura e funcionamento de , a instalar en:
deste término municipal.
Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste Edicto no Boletín Oficial da Provincia de ____ e Diario Oficial de Galicia, o expediente atópase a disposición do público nas oficinas municipais a fin de que quen se consideren afectados pola actividade poidan examinalo e deducir, no seu caso, as alegacións ou observacións que teñan por convinte.
**************************************************************
Publicado Este Edicto no BOP nº.: _____ de data: ______ e no D.O.G nº.: _____ de data ____ o prazo para presentar alegacións e observacións remata o dia: ****************
DILIXENCIA. Para facer constar que o presente Edicto permaneceu exposto ó público no Taboeiro de Anuncios deste Concello dende ó día ó de 2.00*
____ a de de 2.00*
O FUNCIONARIO
RESULTADO DA INFORMACIÓN PÚBLICA E VECIÑAL
DON _____, Secretario do Ilmo. Concello de ____ (____).
CERTIFICO:
Que durante o prazo de información pública e veciñal (dende o día __ de __ de ____) do expedente de concesión de licenza de apertura e funcionamento de: ************ a instalar en: ********** que se tramita a instancia de: ************(non) presentáronse escritos de observacións por:
*
*
*
E para constancia e achegalo ó expediente da súa razón expido a presente en ____ a de de dous .
V. P.
O ALCALDE-PRESIDENTE
INFORME DO TÉCNICO MUNICIPAL SOBRE A INCIDENCIA AMBIENTAL E RESULTADO DA INFORMACIÓN PÚBLICA
ACTIVIDADES CLASIFICADAS:
Visto o expediente que se está a instruir a instancia de D. ______ en solicitude de licenza municipal para a apertura e funcionamento de: ****************** a instalar en: **************************** .
Vista-las alegacións presentadas, que se informan como sigue:
Emítese o seguinte Informe sobre a incidencia ambiental da actividade no ambito local:
____ a de de 2.---
O/A TÉCNICO/A MUNICIPAL
REMISIÓN DO EXPEDIENTE Á DELEGACIÓN PROVINCIAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Sr. Delegado Provincial da Consellería de Medio Ambiente
Servicio de Calidade e Avaliación Ambiental
Ós efectos do disposto nos artigos 8 e 9 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño polo que se regula a Avaliación da Incidencia Ambiental, achégolle coa presente tres exemplares do proxecto técnico e copia do expediente que se tramita neste Concello a instancia de D. ******* para a apertura e funcionamento de: ***
***** a fin de que ese Organismo emita o dictame de Avaliación de Incidencia Ambiental a que se refire o artigo 11 do precitado Decreto 133/2008.
____ a de de
O ALCALDE-PRESIDENTE,
Í N D I C E D E D O C U M E N T O S
COMUNICACIÓN Ó INTERESADO DA PETICIÓN Á CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE DO DICTAME DE INCIDENCIA AMBIENTAL
CLAVE IDENTIFICATIVA:
Sr. D.
En cumprimento do disposto no no artigo 42.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo común, comunícolle que en data: ________ , e co número de rexistro de saída nº.: _____ , remitiuse ó Servicio de Avaliación e Calidade Ambiental da Delegación provincial de ____ da Consellería de Medio ambiente escrito solicitando a emisión do dictame de avaliación de incidencia ambiental da actividade orixina a tranmitación do expediente instruido a súa instancia e referenciado na clave identificativa ***/**** .
En calquer momento poderá vostede consulta-lo estado de tramitación do procedemento, ben nas oficinas municipais ou ben chamando o número de teléfono do Concello (____), provisto da clave identificativa que figura no recadro superior esquerdo do presente escrito.
En ____, a
O SECRETARIO,
COMUNICACIÓN Ó INTERESADO DA RECEPCIÓN DO DICTAME DE AVALIACIÓN DE INCIDENCIA AMBIENTAL
CLAVE IDENTIFICATIVA: _________
Sr. D.
En cumprimento do disposto no no artigo 42.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo común, comunícolle que en data: ________ , e co número de rexistro de entrada nº.: _____ , recibiuse do Servicio de Avaliación e Calidade Ambiental da Delegación provincial de ____ da Consellería de Medio ambiente o dictame de avaliación de incidencia ambiental relativo a actividade _____________ .
En calquer momento poderá vostede consulta-lo estado de tramitación do procedemento, ben nas oficinas municipais ou ben chamando o número de teléfono do Concello (____), provisto da clave identificativa que figura no recadro superior esquerdo do presente escrito.
En ____, a
O SECRETARIO,
INFORME XURÍDICO:
No procedemento de solicitude de licenza de actividade __________ , que conleva a construcción de ********************* no lugar de ********** da parroquia de ____, suscrita por D. *************************, na súa cualidade de ************, con . nº.: *************, en cumprimento do que establecen os artigos 194 e 195 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, 9 do Regulamento de Servicios, 10 do Regulamento de Discipliña Urbanística aprobado por Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro (RDUG) e 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño que regula o dictame de avaliación de incidencia ambiental, emítese o seguinte
INFORME
1º.- O presente procedemento tramítase consonte o disposto polo artigo 9 do Regulamento de Servicios (RS) e artigo 195 da Lei 9/2002, do 30 de decembro de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño que regula o dictame de avaliación de incidencia ambiental.
2º.- A obra está sometida á obtención previa de licenza municipal, de conformidade co disposto nos artigos 194 e 195.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, 9 do Regulamento de Servicios e 10 do Regulamento de Discipliña Urbanística aprobado por Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro (RDUG) e 1 do RDU.
3º.- O informe técnico manifesta que a obra se axusta (ou non se axusta ás normas urbanísticas de aplicación)
4º.- O interesado presenta proxecto técnico redactado por ____
5º.- Os terreos sobre os que se pretende a edificación están calificados como URBANO, en aplicación do disposto nas Normas Subsidiarias Municipais, e regulamentados pola Ordenanza Municipal USOS ------.
6º.- A obra que se pretende AXÚSTASE á precitada ordenanza, e a súa ubicación está consonte coa alineación sinalada no Plano número P/& do Plan Xeral de Ordenación Municipal de .
Achégase a este informe como anexo I a Ordenanza urbanística ___
7º.- A finca na que se pretende construír ten a condición de SOLAR ó contar cos servicios e infraestructuras sinalados no artigo 19 das Normas Subsidiarias Provinciais, e o uso e edificación proxectados están dacordo co planeamento vixente.
8º.- A obra para a que se solicita licenza está destinada o exercicio da actividade de **************** . Actividade coa clasificación decimal : *.*.* do Nomenclator ANEXO I do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental. Tramitado o correspondente procedemento administrativo de autorización para a instalación que se pretende aperturar, e obtido dictame favorable de Avaliación de incidencia ambiental emitido polo Servizo de Calidade e Avaliación ambiental de ____, de data * de ***** de 200*), danse os suposto contemplados no artígo 196 da precitada lei 9/2002, do 30 de decembro, habilitadora para a concesión da licenza urbanística solicitada
9º.- Procede sinalar un prazo de inicio das obras non superior a _____, e de terminación de ____, contados a partir da notificación da concesión de licenza de acordo co artigo 7.5.1 do Plan X.O.M.
LIQUIDACIÓN DE DEREITOS E TAXAS
O interventor que asina, en vista do disposto pola vixente Ordenanza Fiscal Municipal nº.: 4 Reguladora da taxa por tramitación de licenza de apertura de establecementos, e nº.: 12, Reguladora da Taxa por licenzas urbanísticas, fixa os seguintes dereitos e taxas municipais que compre aboar pola licenza que se pretende:
____ a de de 2.00*
O SECRETARIO-INTERVENTOR
RESOLUCIÓN CONCEDENDO LICENZA DE INSTALACIÓNS E URBANÍSTICA
DECRETO Nº.: ***/2003
Vistas as actuacións practicadas a instancia de D.na ******************* en solicitude de licenza para a (construcción de edificio destinado a —) apertura e funcionamento de: ************************************************************ a instalar en: Rúa ********** de ____ (Expedientes nº.: ***/****-262 e ***/200*-2531)
RESULTANDO: Que o Servicio de Calidade e Avaliación Ambiental da Delegación provincial de ____ da Consellería de Medio Ambiente emitiu dictame favorable de Avaliación de incidencia ambiental da actividade.
RESULTANDO: Que as medidas correctoras propostas ofrecen as garantías debidas de seguridade e eficacia reflexadas no proxecto e memoria presentadas ( ou debese adoptar as contidas no dictame de Avaliación de incidencia ambiental citado.
RESULTADO: Que o emprazamento proposto é o adecuado.
CONSIDERANDO: Que consonte ó disposto nos artigos 21.1,q) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, artigo 22.1 do Decretode 17 de xuño de 1955, polo que se aproba o Regulamento de Servicios das Corporacións Locais, artigo 4.2 do decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a Avaliación de incidencia ambiental, corresponde á Alcaldía a concesión ou denegación da Licenza.
CONSIDERANDO os informes urbanísticos e de incidencia ambiental favorables dos servicios técnicos municipais.
Visto-los preceptos citados e demais de aplicación
RESOLVO
1º.- OUTORGAR AUTORIZACION a DNA. *********** para o exercicio da actividade de :________ a realizar na rúa --------------- nº.: ____ de ____, (expediente nº.: ***/200*-262) condicionada ó cumplimento dos requisitos e medidas correctoras que a seguir se establecen:
MEDIDAS CORRECTORAS: As reflexadas no proxecto técnico e memoria e, as que figuran no Dictame de Avaliación de Incidencia Ambiental emitido pola Consellería de Medio Ambiente que a seguir se citan:
2º.- Concederlle a Dna. *******************, na súa cualidade de promotora, licenza urbanística para executa-las obras contidas no proxecto técnico precitado, en terreno cualificado polo Plan Xeral de Ordenación Municipal como solo **********, sometido a Ordenanza: ***************, contida no ***************************************____), (expediente nº.: ***/200*-2531) obras consistentes na construcción dunha nave coas seguintes carácteristicas:
, cun orzamento de **** Euros, de acordo co proxecto técnico de D. ******** Arquitecto.
3º.- As condicións ás que se suxeita a licenza son as xerais que figuran nas ordenanzas de edificacións e que se deberán achegar nela.
As obras deberán iniciarse no prazo dun ano e rematarse no prazo de dous anos
4º.- As condicións especiais ás que se terá que suxeitar esta licenza son as seguintes:
a) Executarase asemade a edificación e maila urbanización, que consiste nas obras que a seguir se relacionan:
-
-
-
-
O incumprimento deste deber de urbanización simultánea suporá a caducidade da licenza, sen dereito á indemnización,e a prohibición de utiliza-lo edificado.
b) Antes do comezo das obras depositarase unha fianza polo importe de: $$$$$$$$$$$$$ Euros. para responder do cumprimento da obriga de face-la urbanización simultánea e para cubri-las responsabilidades en que poidese incorrer por danos nas instalacións públicas municipais ó executa-la obra.
5º.- As condicións xerais e particulares faranse constar na licenza.
6º.- Aproba-la liquidación das taxas que ascenden a ---------------- Euros.
Notifíquese esta resolución ó interesado.
Dado en ____ a ** de ***** de dous mil ___, polo Sr . Alcalde-Presidente D. ********* , ante mín, D. ____, Secretario, que dou fé.
O ALCALDE O SECRETARIO
REMISIÓN DA COPIA DA LICENCIA Ó SERVICIO DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL DA DELEGACIÓN PROVINCIAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Sr. Delegado Provincial da Consellería de Medio Ambiente
Servicio de Calidade e Avaliación Ambiental
Ós efectos do disposto nos artigos 18 da Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de Protección do medio ambiente de Galicia e 12 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño polo que se regula a Avaliación da Incidencia Ambiental, achégolle coa presente copia do Decreto da Alcaldía nº.: ---- , de data ----- , polo que se condede a D. ******* licencia para apertura e funcionamento de: ***
O que traslado a V.I. ós efectos oportunos.
____ a de de
O ALCALDE-PRESIDENTE,
NOTIFICACIÓN
SR. D.***************
De orden do Sr. Alcalde-presidente, poño no seu coñecemento o seguinte Decreto de data --------- de -------- de dous mil----:
"
."
Contra este acto que pon fín á vía administrativa, poderá interpor o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de ____, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte á notificación deste acordo.
Potestativamente pode vostede recurri-lo en reposición perante esta Alcaldía, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da recepción desta notificación.
No caso de recurrir este acordo en reposición, non poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou no prazo de seis meses a contar dende o día seguinte ó que o referido recurso de reposición houbera de entenderse desestimado de forma presunta.
Contra a resolución do recurso de reposición non poderá interpoñerse de novo dito recurso.
Todo esto sen prexuízo de que poidan exercitar calquer outro recurso que estimen oportuno.
CONDICIÓNS XERAIS.
Primeira.- Non se dará inicio das obras, sen comunicalo á Oficina Técnica Municipal, e sen que se realice a correspondente tira de cordas polos Técnicos Municipais, se as obras afectan á línea de edificación ou a cerramentos ou límites dun inmoble.
Segunda.- No caso de necesidade de ocupación da vía pública, deberá solicita-la correspondente autorización municipal, para dispoñe-la señalización e circulación de vehículos e de peatóns.
Terceira.- O documento xustificativo da obtención da licenza deberá estar en poder da persoa que está ó frente da obra, coa obligación de presentala ó persoal do Concello que a requira, xunto co recibo acreditativo do pago dos dereitos correspondentes.
Asemade, ó tratarse dunha obra maior deberá colocar un cartel indicador no que faga consta-lo nome e os apelidos dos técnicos directores e do contratista, ordenanza que se aplica, usos ós que se vai destina-la construcción, e data de concesión da licenza, o prazo de execución das obras, o número de plantas autorizadas e o número de expediente.
Cuarta.- O promotor e constructor deberán cumpri-las normas sobre seguridade e hixiene no traballo na execución das mesmas, e serán da sua conta a seguridade das obras que se autorizan e a sua conservación, vindo obrigados a cumpri-las órdenas de execución e reparacións que dispo½a o Concello para mante-las condicións de seguridade e ornato.
Quinta.- O promotor e o constructor están obrigados a notificar ós Servicios Técnicos Municipais a finalización das obras, a fin de que se xire visita de comprobación e, no seu caso, se practique a liquidación complementaria que proceda.
Sexta.- A presente licenza outórgase a salvo do dereito de propiedade, e sen prexuízo do de terceiros.
Séptima.- O incumprimento das condicións establecidas na resolución de concesión da presente licenza e da normativa urbanística vixente, poderá dar lugar á adopción de medidas de restablecemento da legalidade urbanística e á apertura de expediente sancionador por infracción urbanística, sen prexuízo do resarcemento de danos e prexuízos que poidan producirse.
Octava.- As obras executaranse con estricta suxección ás condicións aprobadas; toda variación ulterior que se pretenda precisará de conformidade previa.
Novena.- Deberase realiza-la obra con estricta suxección á linea e volumen de edificación, rasantes e demais determinacións urbanísticas que sinalen as Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal.
Décima.- As obras iniciaranse no prazo dun ano contado dende o día seguinte ó da notificación deste acordo e terminaranse no prazo de dous anos. Superados estos prazos esta licenza considerarase caducada.
COPIA DA LIQUIDACIÓN PRACTICADA POLO SR. INTERVENTOR DESTE CONCELLO, DAS TAXAS MUNICIPAIS QUE CORRESPONDEN SATISFACER POLA LICENZA MENCIONADA.
RECURSOS: Contra esta liquidación poderá interpoñer, ante o propio Sr. Alcalde, o recurso de reposición, no prazo dun mes, a que se refire o art. 108 da Lei Reguladora de Bases de Réximen Local de 2 de abril de 1.985, cos requisitos e procedemento que o art. 14 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais.
Contra a resolución expresa do recurso de reposición poderá interpoñe-lo Contencioso Administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de ____ no prazo de dous meses, contados dende o día seguinte o da notificación. O prazo para interpor este recurso, será dun ano dende a data de interposición do de reposición, si a resolución deste non fora expresa.
Advirteselle que tamén poderá utilizar calquera outro recurso, se o considera oportuno.
PAGO DA LIQUIDACIÓN:-Na Depositaría deste Concello en horas de oficina, ou ben ingresando na Conta de Caixa Galicia nº 2091-0159-46-3110000018, da que é titular este Concello, no seguinte prazo:
Para liquidacións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, dende a data da notificación ata o día 5 do mes seguinte ou, se antes fora festivo, o inmediato hábil posterior.
Para as notificadas entre o día 16 e último de cada mes, dende a data de notificación, ata o día 20 do mes seguinte ou, se este fora festivo, o inmediato hábil posterior.
Trasnscorrido-los prazos anteriores sen haber efectuado o ingreso, procederase ó seu cobro pola vía administrativa de constrinximento, con recargo do vinte por cento e demais gastos da execución.
____ a ** de ------ de 2.00*.
O SECRETARIO,
POTESTATIVO (art.10 do Decreto 133/2008, arts. 29, 32 da Lei 1/1995, do 2 de xaneiro de Protección do Medio ambiente de Galicia)
ACTA DE INSPECCIÓN
No termino municipal de ____, sendo ás ****** horas do día******de ********** mil novecentos noventa e******* os técnicos D. ******************** e D************************ persónanse en ************** e en presencia do señor D.**********************, efectúan a visita de inspección de comprobación relacionada coa licenza municipal num.******* de data*********
Procédese, en primeiro lugar a comprobar si o emprazamento, instalacións e demais elementos axústanse ó proxecto aprobado e constátase :
A continuación examínase si se adoptaron tódalas medidas correctoras na licenza, e constátase:
*************
Finalmente compróbase o funcionamento das medidas correctoras para determina-la súa eficacia e se son suficientes para garanti-la protección do entorno según os índices ou valores de referencia que sinalan a normativa vixente, e contátase: *********************
De todo elo, resulta que si/non cumpre coas medidas MEDIDAS CORRECTORAS reflexadas no proxecto técnico e memoria e as propostas pola Consellería de Medio Ambiente que se citan:
E a fin de que conste, en cumprimento do preceptuado, exténdese a presente acta, en exemplar triplicado, que firman os técnicos e o representante da empresa.
Os Técnicos O Representante da Empresa
Etiquetas: Modelo de Expediente

