lunes 17 de noviembre de 2008

"Transparencia e boas prácticas na xestión de Fondos Públicos" do Consorcio Galego de Servicios de Igualdade e Benestar

Hola amigos:
No Diario oficial de Galicia nº 222, do día 14 de novembro de 2008, (pax. 20.277), aparece Anuncio da Resolución do 5 de novembro de 2008, do CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR, polo que se anuncia a licitación, polo procedemento "aberto, multicriterio", da contratación dun servizo para o apoio no estudo e supervisión de proxectos e seguimento das obras deste consorcio.
Os elementos desta "licitación aberta" que máis me chamaron a atención, e polos que me atrevo a publicar esta nota son os seguintes:
O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso para a seguinte contratación:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
b) Número de expediente: CGSIB/14/08/SE.
2. Obxecto do contrato.Descrición do obxecto: prestación do servizo de apoio no estudo e supervisión de proxectos e seguimento das obras do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: multicriterio.
4. Orzamento base de licitación.Importe total: 998.654 euros, IVE incluído.
7. Requisitos específicos do/a contratista.
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares e no cadro de especificacións.
Prego de cláusulas que establece no Apartado E.-
CLASIFICACIÓN DO CONTRATISTA/ SOLVENCIA do Prego de Cláusulas Administrativas:
Os licitadores deberán acreditar a súa solvencia de conformidade co disposto nas cláusulas F e G da presente folla de especificacións.
Para acreditar a solvencia esixida o empresario poderá basearse na solvencia e medios doutras
entidades, independentemente da natureza xurídica dos vínculos que teña con elas, sempre que
demostre, mediante a presentación dun acordo asinado entre as partes, que para a execución do
contrato, dispón efectivamente deses medios.
De acordo co disposto na disposición transitoria quinta da LCSP e no artigo 25.1 do Texto
Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas,
non se esixe clasificación.
c) Solvencia técnica: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares e no cadro de especificacións. Que os transcribo seguidamente y con enlace na páxina do consorcio:
Prego de Cáusulas técnicas:
"J.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN E A SÚA VALORACIÓN
A- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN AVALIABLES DE FORMA AUTOMÁTICA E A SÚA PUNTUACIÓN:
1.- Prezo: ata 40 puntos
Outorgarase a máxima puntuación á oferta máis vantaxosa, valorándose as demaisproporcionalmente con esta, segundo a seguinte fórmula:Puntuación asignada=(oferta máis económica/oferta económica presentada) x 40
De conformidade co establecido no artigo 11.4 da Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo enigualdade das mulleres en Galicia, aquela empresa que teña implantado un plan de igualdade terá preferencia na adxudicación, sempre que a súa proposición iguale nos seus termos a máis vantaxosa dende o punto de vista dos criterios obxectivos que serven de base para a adxudicación.
B- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DEPENDENTES DUN XUIZO DE VALOR E A SÚA PUNTUACIÓN.
1.- Valoración técnica e calidade da oferta: ata 35 puntos
.- Organización: funcionalidades da solución ofertada e a súa adecuación aos requirimentos solicitados .................................ata 7 puntos
.- Rigor no plantexamento das actividades, medios e traballos a desenvolver......... ata 5puntos.
Enfoque da solución como ferramenta de xestión de expedientes .......ata puntos.
.- Programa de traballos ............ata 5 puntos
.- Equipo humano asignado: cualificación profesional e experiencia ..... ata 7puntos
.-Organización no equipo de traballo .....ata 5 puntos
.-Plan de control de calidade ............... ata 2 puntos
.2.- Melloras ofertadas polas empresas: ata 25 puntos
.Neste apartado valoraranse as melloras que as empresas licitadoras propoñan realizar no servizo.Neste apartado poderanse formular as melloras que se estimen oportunas, entendéndose comotales, aquelas adicionais ás contidas no Prego de Prescricións Técnicas, que propoñan as empresaslicitadoras para executalas á súa costa, co obxecto de complementar o servizo. Non se admitiráningunha mellora que contemple a redución do prazo.Total da puntuación ............ 100 puntos "

Como se pode observar, os "Multicriterios" de adxudicación do suculento contrato, están finamente redactados para impedir unha adxudicación arbitraria.
Outro elemento dos requisitos esixidos para "seleccionar ó contratista" (neste caso carencia do requisito, que incide na apariencia da vontade do "Consorcio" de preservar os principios da publicidade, concorrencia e transparencia) é a falla de esixencia de "clasificación" do contratista, ¿como o fundamentan? ( Non o motivan. Non dan as razóns de feito e Dereito que fundamentan esta excepción á norma legal aplicable recollida na LCSP) cunha sinxela afirmación: "De acordo co disposto na disposición transitoria quinta da LCSP e no artigo 25.1 do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, non se esixe clasificación."Afirmación que colisiona co contido da lexislación que citan:
D.T 5ª da LCSP que dí: "El apartado 1 del artículo 54, en cuanto determina los contratos para cuya celebración es exigible la clasificación previa, entrará en vigor conforme a lo que se establezca en las normas reglamentarias de desarrollo de esta Ley por las que se definan los grupos, subgrupos y categorías en que se clasificarán esos contratos, continuando vigente, hasta entonces, el párrafo primero del apartado 1 del artículo 25 del Texto Refundido de la Ley de Contratos de las Administraciones Públicas."
TRLCAP que establece:
.- "Artículo 25. Supuestos de clasificación.
1. Para contratar con las Administraciones Públicas la ejecución de contratos de obras o de
contratos de servicios a los que se refiere el artículo 196.3, en ambos casos por presupuesto igual o
superior a 20.000.000 pesetas (120.202,42 euros), será requisito indispensable que el empresario haya obtenido previamente la correspondiente clasificación. Se exceptúan de este requisito los contratos comprendidos en las categorías 6 y 21 del artículo 206 y, de los comprendidos en la categoría 26 del mismo artículo, los contratos que tengan por objeto la creación e interpretación artística y literaria y los
de espectáculos.
E na miña ignorancia non consigo entender cal pode ser o poderoso motivo polo que o Consorcio Galego de Servicios de Igualdade e Benestar non cumpre coa esixencia legal de requerir que o empresario conte coa previa e preceptiva clasificación.
-----
E todavia máis. Ao superar o valor do contrato (art. 13 en relación co 16.1,b) da LCSP) os 206.000 euros, estamos ante un contrato de regulación harmonizada, e como tal a licitación deberá publicarse, ademais, no «Diario Oficial da Unión Europea», sen que neste caso a publicidade efectuada nos diarios oficiais autonómicos ou provinciais poida substituír á que debe facerse no «Boletín Oficial do Estado». O envío do anuncio ao «Diario Oficial da Unión Europea» deberá preceder a calquera outra publicidade. Os anuncios que se publiquen noutros diarios ou boletíns deberán indicar a data daquel envío, da que o órgano de contratación deixará proba suficiente no expediente, e non poderán conter indicacións distintas ás incluídas en devandito anuncio. Os anuncios de licitación publicaranse, así mesmo, no perfil de contratante do órgano de contratación.
E cal é o prazo de presentación de proposicións (art. 143 LCSP)?
** En procedementos de adxudicación de contratos suxeitos a regulación harmonizada, o prazo de presentación de proposicións non será inferior a cincuenta e dous días, contados desde a data do envío do anuncio do contrato á Comisión Europea. Este prazo poderá reducirse en cinco días cando se ofreza acceso por medios electrónicos aos pregos e á documentación complementaria.
* Se se enviou o anuncio previo a que se refire o artigo 125, o prazo de presentación de proposicións poderá reducirse até trinta e seis días, como norma xeral, ou, en casos excepcionais debidamente xustificados, até vinte e dous días. Esta redución do prazo só será admisible cando o anuncio de información previa enviouse para a súa publicación antes dos cincuenta e dous días e dentro dos doce meses anteriores á data de envío do anuncio de licitación, sempre que nel incluíuse, de estar dispoñible, toda a información esixida para este.
* Os prazos sinalados nos dous parágrafos anteriores poderán reducirse en sete días cando os anuncios se preparen e envíen por medios electrónicos, informáticos ou telemáticos. Esta redución poderá engadirse, no seu caso, á de cinco días prevista no inciso final do primeiro parágrafo.
* Nestes procedementos, a publicación da licitación no «Boletín Oficial do Estado» debe facerse, en todo caso, cunha antelación mínima equivalente ao prazo fixado para a presentación das proposicións no apartado seguinte.
* E aínda que se declarou a urxencia da contratación (o que require razoar que real e materialmente concorre, o o caso, o suposto legal de "urxencia" da situación para que así poida ser declarada) e deberá figurar no expediente, o artigo 96. Tramitación urxente do expediente. dá a xa citada LCSP establece:
* " b) Acordada a apertura do procedemento de adxudicación, os prazos establecidos nesta Lei para a licitación e adxudicación do contrato reduciranse á metade, salvo o prazo de quince días hábiles establecido no parágrafo primeiro do artigo 135.4 como período de espera antes da elevación a definitiva da adxudicación provisional, que quedará reducido a dez días hábiles.
* No entanto, cando se trate de procedementos relativos a contratos suxeitos a regulación harmonizada, esta redución non afectará os prazos establecidos nos artigos 142 e 143 para a facilitación de información aos licitadores e a presentación de proposicións no procedemento aberto."
* ¿ E cumpríronse os prazos e publicacións esixidas?
¡E non pasa nada! ......... e todos somos honestos, ¡faltaba máis!.

Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Página principal