O PLAN AVAZA DE DESENVOLVEMENTO DA ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA
Moitas corporacións Locais de Galicia teñen solicitado unha axuda económica ó abeiro da orde do 18 de setembro de 2007, da Consellería de Innovaciòn e Indústria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesiòn, en réxime de concorrencia competitiva, das subvenciòns destinadas ás entidades locais, encamiñadas ao desenvolvemento na Comunidade Autónoma Galega de Cidades Dixitais 2007-2010 no marco do Plano estratéxico galego da sociedade da informaciòn e o Plan Avanza.
Ditas axudas financian os custes de desenvolvemento de programas informaticos destinados á implantación da Administración Electrónica. Administración electrónica que implica a instalación dun servidor dedicado e ubicado en dependencias municipais.
O importe das axudas económicas desglosado en duas anualidades (2007 a 2008) ascende a:1.458.891,52 euros correspodendo á anualidade 2007: 158.734,15 € a 2008: 1.300.157.37 €
A corporación na que traballo decidiu solicitar ditas axudas económicas por entender que ese é o camiño que deben seguir as Administracións Locais na procura de facilitar ós veciños e interesados en xeral a xestión dos seus intereses nos concellos.
Pero para elaborar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que deberían rexe-lo procedemento de licitación destes traballos, decidimos solciitar información a varios técnicos informaticos sobre este asunto, e tras recabar diversos datos técnicos (a maioria como si me falesen en arameo), chegamos a triste conclusión que os servicios de telecomunicación (ADSL) que nos presta a empresa Telefónica (e a caseque a totalidade da área xeografica de Galicia, e polo tanto ós Concellos de Galicia), non teñen a velocidade necesaria para facer operativo os programas informaticos de tramitación en liña e servicios electrónicos.
A instalación de Servidores nas dependencias muncipais supón que o acceso ós mesmos esté limitado pola capacidade/velocidade da devandita ADSL ( 2 megabits teóricos de entrada), e a velocidade de saída (a que utilizarían ós cidadáns no acceso a estes Servidores) non superan os 0,33 megabits. Cada acceso ocuparía parte desta capacidade, o que implica que si se conectasen máis de dous usuarios o sistema resultaría inoperativo.
Consecuencia do anterior é o despilfarro de fondos públicos que van destinados a desenvolver e implantar unhos programas informaticos que non terán utilidade práctica.
O obxectivo da Consellería de Industria de conseguir a extensión da Administración electrónica a todálas Administracións Públicas é de aplaudir, pero como en todo proxecto, compre como paso previo o estudio da realidade na que se pretende materializar os obxectivos.
E por desgracia, a realidade do noso país é: Infraestructuras de telecomunicacións e transmisión de datos deficientes, (en contra das afirmacións triunfantes do Conselleiro na paxina web da Consellería) o que supón un estrangulamento a calquer intento de implantar na Administración Local a Administración electrónica en tanto non se consiga un verdadeiro incremento da capacidade de transmisión de datos.
Pero asemade do xa citado, un plantexase ¿No sería máis eficiente e eficaz que a Consellería de Industria (ou dende o IGAPE) financie, ou co-financie coas Administracións Locais, un programa informatico modular, con posibilidade de implementar varias utilidades según a organización de cada Corporación Local?.
Si o problema actual é a deficiente infraestructura de comunicacións, ¿No resultaría máis eficiente, para evitar a limitación que supón o deficiente servicio de comunicacións de datos na maioria do territorio de Galicia, que esa Consellería e a de Presidencia financiasen a instalación e posta en funcionamento dun centro informatico no que se asentarían os servidores municipais virtuais?, (e porque non, doutras Administración Públicas), cunhas garantías de seguridade que cada Corporación Local por si mesma non pode acadar e a un custe asumible.
Entendo que o desenvolver unha programación como a exposta abarataria os custes de desenvolvemento e mantenemento posterior, así como a implementación de actualizaciones, melloras e adecuación as circunstancias que poida deparar o devenir. Conseguirianse dun xeito máis eficiente e eficaz os obxectivos propostos no Plano estratéxico galego da sociedade da informaciòn e o Plan Avanza, e sobre todo poderíase destinar eses fondos públicos que ahora se destinan a que cada Coporación Local desenvolva un programa informatico, a outros investimentos.
Etiquetas: Xunta-Concellos


0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Página principal